venres, 28 de outubro de 2011

ANTONIO PALACIOS, tamén en Redondela

Antonio Palacios, arquitecto nacido en Porriño, é un dos mellores representantes da Arquitectura rexionalista en Galicia. O seu maior número de traballos sitúanse en Madrid (Palacio de Comunicaciones, na Praza Cibeles; Círculo de Bellas Artes; Banco Español del Río de la Plata (Funación Cervantes) ; Casa Palazuelo, na Calle Mayor).
Persoalmente destacaría o seu traballo durante os 25 anos que formou parte coma arquitecto, da Compañía Metropolitana de Madrid, sembrando a cidade de obras de acceso tan inxeniosas-enxeñeiras coma artísticas: entradas de metro, logotipo da Compañía, e templetes fabulosos de acceso ós ascensores da Porta del Sol e da parada de Gran Vía.

Pero tamén deixou as súas pegadas arquitectónicas en Galicia, concretamente no Templo Votivo do Mar en Panxón, ou no edificio da Casa do Concello de Porriño. Ou na igrexa de Carballiño.

Un dos traballos de Antonio Palacios por estas terras foi un proxecto que fixo para a construcción dun novo templo de San Fausto en Chapela.

Segundo os datos obrantes no Arquivo Municipal do Concello de Redondela, no ano 1.944, Arturo Conde Lamela, párroco de San Fausto de Chapela e presidente da "Comisión Pro-Nuevo Templo" de dita parroquia, solcita unha subvención para a construcción do novo templo ó Concello de Redondela.
Entre a documentación entregada, conservamos esta fotografía dun plano do Alzado da fachada de dita construcción, do 1.944, firmado por Palacios.

venres, 12 de agosto de 2011

Cousas Máxicas que van aparecendo (1.939)



En relacióna unha consulta do escritor Gonzalo Amoedo López, atopamos no Arquivo estes dous documentos, que reflexan unha consulta realizada por un cidadán, Román Llano, do Concello de Peranzanes (León) relativa ó horario e condicións de visita do barco "Upo Mendi" que, segundo a páxina web http://www.asturiasrepublicana.com foi un barco-prisión que partiu dende o porto de Bilbao, cheo de prisioneiros, coa finalidade de integralos no sistema de concentración da Illa de San Simón. A falta de calado no fondo da ría obligouno a permanecer fondeado, de ahí qua ás visitas ós presos tiveran que facerse ó propio barco...

Dende o Concello de Redondela, contestan especificando os horarios (todos os días de 10 a 12 da mañá e de 3 a 7 da tarde) e as condicións (podíase subir roupa para os presos, pero nunca comida..)

Dete xeito, queremos compartir con vos estes documentos-testemuñas da Historia da nosa vila.