

En relacióna unha consulta do escritor Gonzalo Amoedo López, atopamos no Arquivo estes dous documentos, que reflexan unha consulta realizada por un cidadán, Román Llano, do Concello de Peranzanes (León) relativa ó horario e condicións de visita do barco "Upo Mendi" que, segundo a páxina web http://www.asturiasrepublicana.com foi un barco-prisión que partiu dende o porto de Bilbao, cheo de prisioneiros, coa finalidade de integralos no sistema de concentración da Illa de San Simón. A falta de calado no fondo da ría obligouno a permanecer fondeado, de ahí qua ás visitas ós presos tiveran que facerse ó propio barco...
Dende o Concello de Redondela, contestan especificando os horarios (todos os días de 10 a 12 da mañá e de 3 a 7 da tarde) e as condicións (podíase subir roupa para os presos, pero nunca comida..)
Dete xeito, queremos compartir con vos estes documentos-testemuñas da Historia da nosa vila.
Curioso... e tamén sorprendente. Graciñas por compartir con todos e todas eses pequenos retazos da nosa historia.
ResponderEliminarUnha aperta