xoves, 25 de xullo de 2013


mércores, 24 de xullo de 2013

Moby Dick en Redondela


Buscando información no Libro de Actas de Pleno do ano 1882, atopamos unha entrada, cando menos, curiosa. Transcrita di o seguinte:

"Presentada una cuenta importante setenta y cuatro pesetas cincuenta céntimos referente a los gastos ocasionados con motivo del ballenato que apareció en la Playa del Pazo en el mes de Julio último, después de examinada la Corporación se aprobó y acordó su pago con cargo al capítulo de Imprevistos del corriente ejercicio"

Gracias ás actas dos Plenos, temos constancia de que, en Xullo do 1882, nas praias de Redondela, estiveron en compaña dun cetáceo pequeno,...que trouxo consigo un gasto para as arcas municipais!

¡¡Quen sabe a qué veciño lle tocaría facer daquela de Capitán Ahab!!


mércores, 10 de xullo de 2013

Un busto con gusto

Moitas veces escoitei a xente no Concello que se preguntaba a quen representaba un busto que preside a entrada da Casa Consistorial.

Fotografía actual da entrada da Casa do Concello (10/07/2013)

Unha visita ó Museo de Bellas Artes de Oviedo confirmou a miña sospeita, xa que nél descubrín o orixinal referencia desta obra: 

Feita polo escultor José Gragera y Herboso (Laredo, Cantabria, 1818-Oviedo, 1898) no ano 1878, é propiedade do Museo do Prado, pero se atopa hoxe en día en depósito no museo asturiano.
Este escultor foi restaurador de escultura no Museo do Prado, e  fixo unha serie de retratos en xeso. Coma éste, no que presta unha especial atención ós pliegues da ropaxe, algo acartonados e volumétricos por un lado, e minuciosos e detallistas por outro. O seu estilo é sobrio e maxestuoso, lonxano da solemnidade ou distancia do retratado, reflexándoo sereno e cercano




Busto de Alfonso XII, Museo de Bellas Artes de Oviedo

O retratado en cuestión é Alfonso XII de Borbón, fillo de Isabel II e  bisabó do actual Monarca. Tralo fin da Primeira República (1873-1874), foi proclamado monarca español no 1875 e exerceu coma tal ata a súa morte no 1885, cando contaba con 32 anos.
Foi un monarca xove, de ahí que a representación do busto, tamén, corresponda a unha idade algo temprana e represente a un xove imberbe.

Agora a dúbida que cabía facerse era...¿Cómo chegou ó Concello de Redondela unha copia do busto en xeso de Alfonso XII?  ¿E por qué?

A resposta atopámola no Arquivo Municipal, na Unidade de Instalación 1936/32, onde se custodia a documentación referente á solicitude que no 1966 fai o Concello á Diputación Provincial pedindo que se ceda en depósito unha serie de obxectos que se gardaban en desuso no Palacio Provincial, para proceder ó Ornato da Casa do Concello: o Busto de Alfonso XII, un grupo escultórico de "Los Niños", unha cabeza tallada, a talla da cabeza da esposa do Sr. Solís e uha cabeza de romano. 

Alfonso XII e María de las Mercedes


De todo o que aquí se describe, a data de hoxe, somentes se conserva (que nós sepamos) o busto do monarca. 

 Busto de Alfonso XII, Casa do Concello de Redondela (10/07/2013)


¿A razón de que un busto dun monarca lonxano no tempo sega decorando a Casa Consistorial? non sei,...ocórreseme que quizais teña relación coa ubicación da Casa Consistorial na rúa Alfonso XII de Redondela,..pero quizais é unha relación algo forzada, xa que a maioría da xente descoñece quen é o retratado!!
Nos, a partir de hoxe, non.

martes, 9 de xullo de 2013

Inventario de Bens

Abrimos, de casualidade, as tripas dun expediente para descobrer un contenido, cando menos, curioso.
Trátábase de U/I 1934/9 relativa a inventario de Bens do Concello...
Entre muitas cousas, apareceu unha lista de Bens muebles que posuía o Concello..non consta a data do documento, pero sí podemos deducir, polo que nel se rexistra, que estariamos entre o 1952 e o 1975.

O Contido da Biblioteca (Biblioteca da Casa Consistorial, quizais xerme da actual e maravillosa Biblioteca Municipal), transcribindo o que aparece nesta Lista, sería:


1.-   Historia de España, de Lafuente (completa)
2.-   Historia Universal, de Cesar Cantú (falta Tomo 1)
3.-   Universitas (Completa, 21 tomos)
4.-   Historia del Mundo, de José Jejoaun (5 tomos, completa)
5.-   Geografía del Reino de Galicia (5 tomos, completa)
6.-   Episodios Nacionales, de Benito Pérez Galdós (Completa)
7.-   100 volúmenes de la Colección "Crisol"
8.-   200 volúmenes de la Colección "Universal"
9.-   60 volúmenes de la Colección "Manuales Gallach"
10.- Historia de la Cruzada Española (incompleta)
11.- 553 volúmenes de novelas, viajes, historias, biografías, antologías, política, teatro, manuales prácticos y varios.
12.- Atlas Universal Aguilar


O contido da Oficina do Oficial Primeiro quedaría descrito (e así mesmo transcrito) do seguinte xeito:

1 Mesa de escritotio
1 Mésa de máquina
1 Máquina de escribir Underwood
1 archivador de madera
1 Mueble archivador
1 Perchero de madera
1Aparato de luz portátil
1 globo de luz blanco
1 sillón y 4 sillas





Na Alcaldía transcribimos literalmente:

.- Despacho estilo renacimiento compuesto de Mesa, armario librería, sillón y seis sillas de madera
.- El armario anterior, contiene la Enciclopedia Espasa compuesta de 70 Tomos, 10 apéndices y 8 Suplementos, hasta el año 1952.
.- Otro armario contiene: 15 Tomos e índice (16) del Diccionario  de Legislación Aranzadi, encuadernados en piel granate, y el Repertorio de jurisprudencia, 26 tomos de los años 1930-1931 a 1954, encuadernados en pergamino.
Hay, además en la Alcaldía: 1 sillón, 5 sillones de Tenencias y dos bancos (4 bancos mñas en distinas dependencias), forrados de terciopelo rojo, del Salon de Sesiones.
1 cuadro del Generalísimo
1 cuadro de José Antonio
1 reloj de columna
1 jarrón de metal
1 mesa axuiliar
1 escibanía
1 aparato calefacción Electro-impulsor
1 bastón de la Alcaldía con puño de oror
9 Medallas de Concejales de plata (año 1872)
5 Medallas de Tenencias, con corona de oro y cuerpo de plata (año 1872)
1 Guión de la Corporación
1 globo de luz
1 alfombra redonda, de esparto
1 alfombra granate
1 banco en el pasillo del año 1826