mércores, 27 de setembro de 2017

MOBLES QUE NON SE MOVEN...Maravillas arquiveiras

A semana pasada veu ó Arquivo unha persoa, tentando atopar documentación dos anos 1950-1955. No seu empeño, consultou tamén os legaxos 1.476 ata o 1.483, encadrados na Serie 2.1. Correspondencia ; dende os anos 1950 ata os 1955.

Gracias á súa búsqueda, atopamos no interior desas caixas de correspondencia información, xa hoxe irrelevante administrativamente, pero emocionante a nivel histórico. Dentro daquelas caixas había dúas ofertas do ano 1955:

Unha de mobles de salóns de Pleno, Salas de reunións, etc... dunha antiga empresa, Muebles Morenza, situada na rúa Velázquez Moreno, en Vigo.



Outra de tecidos de bandeiras, telóns, faldas camillas,...

Mirando esta documentación, pensei..."Isto teñoo visto", "Onde?" E, de súpeto, unha conexión eléctrica-neuronal sucedeu. Xa sei. Levanteime, e fun correndo ó Multiusos da Xunqueira. Tiña visto algúns deste mobles, algunha vez, nalgún sitio...

Entrando no Multiusos de Redondela, á esquerda, ó fondo; na Sala oficialmente chamada "Espazo 03", comúnmente referida "Aula dos Sillóns", estaba a mesa que tiña imaxinada:



Era a Mesa debuxada en papel cebola e presupostada no ano 1955 coma "Mesa nº 1".



Pero, fixándome nas actuais sillas que rodeaban a mesa, e pensando no debuxo de Muebles Morenza, pensei que sería raro que un Concello mercara unha mesa sen sillas. Dinme de conta que, ademais, as datas dos presupostos atopados coincidían coas datas da construcción /inauguración da actual Casa do Concello (proxectada no 1952 e 1954 polo arquitecto rexionalista D. Emilio Bugallo Orozco). Por iso pensei que tiña que haber mais documentación refrente á compra de bens mobles para encher a nova casa consistorial. Deduccións simples de arquiveiras con ansias de Poirot. 😉

Volvín ó Arquivo, e busquei na base de datos. Atopei un rexistro relacionado, na unidade de instalación 212/1 descrita coma "Expediente de adquisición de muebles para la nueva Casa Consistorial. Ano 1955". Ahí estabamos. 

Dentro, deixábase constancia da tramitación do concurso administrativo para mercar muebles a Muebles Morenza para a nova casa consistorial.





Decidíase mercar a Proposta nº 2 presentada.




Pensei que, de conservar algo deste mobiliario nalgún lugar, tería que ser no Salón de Plenos do Concello de Redondela. 

E así foi: as sillas debuxadas naquel papel cebola do ano 1956 que no seu día deberon formar parte do mobiliario do despacho de Alcaldía, están hoxe flanqueando a mesa presidencial no Salón de Plenos do Concello de Redondela.




Gracias á documentación custodiada no Arquivo municipal, podemos coñecer as cousas que nos rodean, as lembranzas sobre as que nos apoiamos e sentamos para escribir o noso Futuro. 

Gracias a información que gardan os Arquivos, 
poderemos ler e conservar con mais respeto ós nosos bens.