mércores, 24 de xuño de 2015

Os Arquiveiros xa fomos Historia, tamén.

Nos Fondos do Arquivo do Concello de Redondela, 
a propia arquiveira tamén pode atopar a súa Historia. 

É coma o efecto que en pintura se chama "Cadro dentro do cadro". Cando dentro dun cadro aparece outro, conscientemente, coma facendo unha cadea de bonecas matrioskas.


Autoretrato de Norman Rockwell

Este foi o caso do que hoxe atopamos nos Fondos municipais: Unha acta de Pleno, do 10 de Abril do 1881, sendo Alcalde do Concello Don Ulpiano Sestelo Veiga, na que se fai referencia a figura do Arquiveiro do Concello, Don Miguel Espariz, e sobre o nombramento dun novo Arquiveiro, Don Eduardo Mella, sobre a súa asignación e a súa inclusión no Organigrama de funcións do Concello.

É a primeira noticia que temos da Historia do Arquivo do Concello de Redondela. Falan da existencia dun Inventario de expedientes e documentos e da adición anual de documentación a dito Inventario. Xa no 1881. Ano no que se inaugura o viaducto Redondela-Pontevedra. Todo é Patrimonio da nosa vila: tamén os papeis que debuxan e dignifican o pasado.

Ás veces, buscando cousas, un se atopa consigo mesmo.




Ampliación do 9 de Febreiro do 2018:


Seguimos a atopar pistas documentais sobre a Historia da figura dos Arquiveiros no Concello de Redondela. E digo Arquiveiros porque ata o de agora as figuras atopadas son masculinas, aínda que hoxe é unha muller a persoa encargada do Arquivo municipal.

Nas actas de Pleno do 1932 onde se dota ó concello dun auxiliar mecanógrafo e arquiveiro:



Reza así o texto: 

"Por unanimidad se acuerda designar interinamente y por tanto se nombra la Plaza en propiedad a Don Luis Míguez Extremadouro, Segundo auxiliar mecanógrafo, Archivero de este ayuntamiento con el sueldo anual de mil quinientas pesetas y que el correspondiente mes se le abonará desde el día primero del corriente enero, porhaber empezado desde entonces a prestar sus servicios interinos."


Na historia do arquivado está a historia do Arquivador. 
Curioso xogo de palabras, non si?