mércores, 11 de maio de 2016

De baleas varadas

O 5 de Maio do 2016, os periódicos recolleron unha noticia, cando menos, curiosa: unha cría de balea morta, de 6 metros de lonxitude, apareceu na costa da Portela (parroquia de Cedeira). 



En xullo do 2013, neste mismo blog, recolliamos a mesma noticia antes de que sucedera. Ou, mellor dito: despois de que sucedera e antes de que volvera suceder. 

Resulta pois que no ano 1882, na Acta de Pleno do mes de Xullo, recollíase a noticia de que unha cría de balea aparecera na praia do Pazo. O movemento do animal, así coma o tratamento do mesmo, ocasionara nas arcas do Concello (así o recollen) un gasto extra, "Imprevisto". A acta, transcrita, di o seguinte:


"Presentada una cuenta importante setenta y cuatro pesetas cincuenta céntimos referente a los gastos ocasionados con motivo del ballenato que apareció en la Playa del Pazo en el mes de Julio último, después de examinada la Corporación se aprobó y acordó su pago con cargo al capítulo de Imprevistos del corriente ejercicio"

Descoñezo cal era exactamente a denominada "Praia do Pazo". Pero as coincidencias son evidentes: un ballenato (que non unha balea adulta) aparece morto nas praias de Redondela. As causas, seguro que a ciencia pode sinalalas: as correntes do mar, a profundidade da ría, as costumes dos cetáceos...

Pero o que si está claro, é que a Historia, 134 anos despois, 
repítese. 

Quizais mais veces das aquí reflexadas: Alguén de vos pode axudarme a completar esta historia? Tedes memoria doutra vez que aparecera unha cría de balea nas costas da Vila de Redondela? se é así, escribíde un comentario nesta entrada para, entre todos, poder seguir esta noticia a través da nosa Historia.

Moitísimas Gracias!