mércores, 10 de decembro de 2014

A Historia non se escribe, se vive (e, polo que se ve, se paga)

Sempre estudiamos nos libros de Historia as sucesións de reis, de historias, de anécdotas,..pero non podemos evitar imaxinalos coma se dunha serie de televisión se tratara....lonxana e, en certo modo, irreal. Ata qué punto o estudiado tiña algunha repercusión no día a día da xente (os protagonistas reais pero silenciosos da Historia) é algo que ás veces se nos escapa, ou olvidamos.

Son cousas coma éstas as que nos redimensionan a Historia e nos acerca o estudiado á nosa Vila. Si, si, o que pasaba no Palacio Real de Madrid era Real, real, e ademais afectaba no día a día das xentes de aquí, de Redondela.

Coma sempre, de rebote, atopamos, no Libro de Actas de Pleno do Concello de Redondela do 1881, unha sesión cando menos, curiosa. Podedes ler
 


O 27 de febreiro do 1881, o Pleno da conta dos gastos ocasionados polos festexos levados a cabo por mor do nacemento da infanta heredeira. Transcrito, aproximadamente, o texto reza da seguinte forma:

"En la Sala del Ayuntamiento a veinte y siete de Febrero de mil ochocientos ochenta y uno, reunido el Ayuntamiento bajo del Sr. Alcalde se abrio la Sesión y dio cuenta de la anterior que fue aprobada. (...)
Se presenta la cuentade los gastos ocasionados en los festejos que han tenido lugar con motivo del festín natalicio de S.A.R. la Infanta heredera, acordados en Sesión de diecinueve de Diciembre del año último e importan ciento cincuenta pesetas y del Ayuntamiento acuerda se pague del capítulo 9º artículo 3º del presupuesto vigente"

Quén é a Infanta Heredera? 

Pola cronoloxía podemos deducir que se trata de (collan aire) Dona María de las Mercedes Isabel Teresa Cristina Alfonsa Jacinta Ana Josefa Francisca Carolina Fernanda Filomena María de Todos los Santos, é decir, María de las Mercedes de Borbón y Habsburgo-Lorena. 
A filla do monarca Alfonso XII (si, o que se esconde detrás do busto da escalinata do concello). María de las Mercedes de Borbón naceu no Palacio Real de Madrid o 11 de Setembro do 1880 e sempre foi "heredera", ata a morte do seu pai. Pero nunca heredou. Ó falecer Alfonso XII, a súa muller (e nai de María de las Mercedes) estaba embarazada dun varón, o seu terceiro fillo, que nacería de xeito póstumo: Alfonso XIII. El nunca sería o principe heredeiro. Xa que no momento de nacer xa foi proclamado Rey.

Unha infanta sempre heredeira que nunca foi monarca.
Un infante nunca heredeiro que sempre foi monarca.





xoves, 27 de novembro de 2014

Casa do Concello

Andamos nestas datas mergullados en investigacións históricas, das bonitas, das que fan que unha lle colla gusto ó seu traballo.
Intentando entender como se fixeron as cousas nun pasado, parece que o presente vai mudando a súa cara.
Bueno, filosofías a parte, ó que vamos:

Aqui vos deixamos, coma se dun pre-agasaio de Nadal se tratara, o Alzado da Fachada principal da casa do Concello, proxectada polo Arquitecto Emilio Bugallo o 1943.

Imaxe escaneada do Plano conservado na U/I 913/5


Imaxe actual (2014) sacada da wikipedia



xoves, 20 de novembro de 2014

¿Onde estamos?¿Que é iso?

 

Ou mellor preguntado: ¿Cando é iso?
Unhas pistas,....Trátase dunha fotografía aérea  correspondente ó Voo americano do 1968.

No 1956 e 1957, en Plena Guerra Fría, Estados Unidos entende crucial facer un estudio pormenorizado da topografía e xeografía da Península Ibérica, enclave estratéxico importante. 
Foi así coma nace o "Proxecto España", mediante o cal se realizan instantáneas dende avións militares  ó longo da Península e do Norte de Marrocos. Para isto contaron co personal técnico e medios aéreos estadounidenses (mais avanzados nas técnicas) e o apoio español centrouse na observación dos puntos de apoio do voo.

 

Avión Beechcraft RC-45F utilizado para la realización de los vuelos fotogramétricos

 
O que naceu cun fin claramente militar acaba sendo usado para outros medios (coma sempre pasa, senón que lle pregunten a internet) coma a realización do mapa parcelario do Catastro, coma a xustificación da ausencia ou presencia de construccións ó longo do tempo, coma,...coma unha mostra visual da Historia.
 
No Arquivo do Concello de Redondela consérvanse parte desas fotografías aéreas, pero do ano 1968 e posteriores. Coma ésta que aquí temos,...¿Saberías de qué zona de Redondela estamos a falar? 
Terás que ser capaz de mirala cos Ollos da Historia.

P.D.: O Voo americano do 1956 está accesible na páxina web:
 
 http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/mapa.html
 
Somentes tes que centrar a búsqueda na Provincia, Municipio, Parroquia que ti queiras,..e unha vez atopado, premer dúas veces sobre a zona. Abrirase unha fiestra de diálogo onde poderás escoller diferentes informacións,....entre elas, O voo do que estamos falando.

venres, 19 de setembro de 2014

Unha aproximación ós Alcaldes da túa vila


Estas semanas estiveron no Arquivo dous compañeiros de profesión, que viñeron da man da Deputación de Pontevedra, D. Antón Vázquez Escudera e D. Óscar Pena Espiño. O seu traballo consistiu, entre outras cousas, en facer unha relación das sesións de Pleno do Concello seguindo os libros que conservamos no Arquivo Municipal (dende o 1970 ata hoxe).


Paralelamente (e fora do seu traballo) realizaron unha lista aproximativa dos diferentes alcaldes que pasaron polo Concello (algúns accidentais, é decir, sustitutos temporais do alcalde titular). Aquí volo deixo, agradecendo de antemán a Antón e Óscar o seu traballo, e a súa xenerosidade de compartilo con nós.

(1870)-1872: Ulpiano Sestelo Veiga
1872-1873: Ramón Francisco Pardo Ferro
1873: José Benito Rodríguez Araújo
1873: José Otero Martínez
1873: Ramón Francisco Pardo Ferro
1873-1874: José Otero Martínez
1874: Genaro Borines
1874-1879: Pedro Fontenla
1879-1881: Ramón Francisco Pardo Ferro
1881-1883: Ulpiano Sestelo Veiga
1883-1884: José Otero Míguez
1884-1887: Juan Rodríguez Bouzón
1887-1888: José María Alfaya
1888-1890: Salustiano Méndez
1890-1893: Ramón Francisco Pardo Ferro
1893:  Cándido Otero García

Non se conservan os libros de actas de Pleno dende o ano 1893 ata o 1908
...(1908)-1910: Avelino Giráldez
1910-1912: Buenhijo Pérez Sobrino
1912: Antonio Perdís Malvar
1912-1916: Claudio Contreras Valiñas
1916-1918: Pedro Otero Milleiro
1918-1920: Antonio Perdís Malvar
1920-1922: Ricardo Contreras Valiñas
1922-1923: Buenhijo Pérez Sobrino
1923: Luís Telmo Bernárdez Santomé
1923: Casimiro Movilla Rodríguez
1923-1924: José Antonio Martínez Ricoy
1924-1930: Saturno Cal Muíños
1930: Manuel Pereira Míguez
1930-1931: Luís Pereira Míguez
1931-1932: Pedro Otero Sestelo
1932-1933: Florencio Castro López
1933: Serafín Alonso Veiga
1933: Joaquín Pais Lloréns
1933-1934: Serafín Dacosta Paz
1934-1936: Buenhijo Pérez Sobrino
1936: Florentino Pereira Míguez
1936: Serafín Dacosta Paz
(¿…?)
...1936: ¿? Cunqueiro
1936-1938: José Izarzugaza de Velasco
1938-1940: Cándido Martínez Esteiro
1940: Juan Cardama Castro
1941-1943: Juan Muíños Iglesias
1943-194?: Raúl Carlos Gunche López
1946 Serafín Gesteira Fernández
194?-1949: Ulpiano Rodríguez Vilariño
1949-1951: Francisco Cunqueiro Martínez
1951-1966: Juan Muíños Iglesias
1966-1977: Pedro Otero Rey
1977: Amado González Cardama
1977-1979: Edmundo Fernández Estévez
1979-1996: Jaime Máximo Óscar Rey Barreiro
1996-1999: Amado Ricón Virulegio
1999-2011: Jaime Máximo Óscar Rey Barreiro
2011-... Javier Bas Corugeira 


 

venres, 5 de setembro de 2014

ARTELIXO 2014: preparados, listos,... Xa!

Comeza o ArteLixo 2014.



Unha historia de cómo a xente de Redondela se move, traballa e inventa maravillas cheas de maxia: 
de cómo converter o lixo en obra de Arte.




luns, 1 de setembro de 2014

Dende Cesantes...¡A Brasil!

Hoxe visitounos un profesor da USC, un Historiador da Arte, que viña buscando informacion sobre unha construcción da Pantalla, Cesantes, feita na década dos 50...

Despois de moito cabilar, buscar e indagar (cruzando o saber da xente da vila - importantísimo - coa Base de Datos do Arquivo municipal) demos co expediente da licenza de obra. Trátase dunha casa (chalet) do ano 1956, propiedade dun veciño da vila, emigrante en Brasil, que construiu na súa lugar de orixe, unha casa "ó estilo de" as casas Brasileiras da década dos 50.


Unha construcción que debeu supoñer un choque xigante entre os veciños, acostumados a ver unhas arquitecturas mais tradicionais, pesadas, e oscuras ca ésta..





De importante presenza é a resolución da escalera principal de acceso á planta primeira e principal: unha escaleira mais que inisual na arquitectura galega pola súa apertura, e a súa finalización nun porche-mirador aberto á paisaxe.



  Incluso o pavimento da rampa de acceso á finca (non presente no proxecto do ano 56) feita en ondas bicolores, emula conscientemente as arquitecturas de Bahía.

 
 Fotografía entrada da casa



 Fotografía pavimento Bahía (sacada da rede)



Hoxe en día está sendo usada coma Restaurante. Gracias a unha páxina web podemos facer unha visita tridimensional á construcción e á finca; pinchando no seguinte enlace (e mirando ó final da páxina):

http://www.gusuguito.com/es/etapa-02-o-porrino-redondela/520-finca-tabata-restaurante-cafeteria.html

A obra está firmada polo arquitecto Emilio Bugallo, arquitecto municipal que firmou a casa do Concello de Redondela, o Mercado municipal e moitas das casas da nosa vila. 

Ata qué punto o deseño novedoso en Redondela saiu 100% da súa mente, se seguiu pistas bahianas do propietario da mesma, ou se calcou fielmente proxectos brasileiros, é algo que, de seguro, o mestre da USC investigará e nos contará. Agardaremos impacientes ó seu traballo,...mentres tanto, podemos empezar a valorar as pinceladas arquitectónicas e de calidade esparcidas pola nosa Vila. 

De seguro que a próxima vez que paseemos pola Pantalla, miraremos esta construcción con outros ollos....

xoves, 3 de xullo de 2014

E mira que pasamos veces por diante...

¿Lembrades unha entrada antiga, do 10 de Xullo do 2013 onde falabamos da identidade do busto que preside a escalinata do Concello de Redondela, un busto do monarca Alfonso XII?

Daquela buscaramos nos fondos documentais do Arquivo Municipal e atoparamos, na Unidade de Instalación 1936/32, a Solicitude que no 1966 fai o Concello á Diputación Provincial pedindo que se ceda en depósito unha serie de obxectos que se gardaban en desuso no Palacio Provincial, para proceder ó Ornato da Casa do Concello: o Busto de Alfonso XII, un grupo escultórico de "Los Niños", unha cabeza tallada, a talla da cabeza da esposa do Sr. Solís e uha cabeza de romano.
Daquel xeito, e contrastando a obra cos fondo escultóricos do Museo de Bellas Artes de Oviedo, afianzamos a identidade do busto da escalera interior.

Sen embargo, abrimos unha nova dúbida...¿Onde estarían as outras esculturas que no expediente se relacionan?

Quedamos tempo pensando,...ata que un día deses nos que as bombillas da cachola acenden por casualidade, atopamos a solución ó enigma:

Un grupo escultórico de "Los Niños"


"Unha cabeza tallada "


  "A talla da cabeza da esposa do Sr. Solís "


"Unha cabeza de romano"


E todo isto, ¿ONDE?

 ¡Ups! si...ó noso lado: cando eramos pequenos e xogabamos ás canicas, ás bicicletas, globos de auga (xa mais maiores), tardes enteiras no Caracol, comendo xelados, pipas,..Entre as feiras de Artesanía, entre os Artistas na Rúa, entre Nós...

Na Nosa Alameda. Si, diante das nosas narices. 


 Non se trata de esculturas dun alto nivel artístico nin conceptual. 
Pero ahí están, formando parte da nosa memoria 
(ainda que sexa do inconsciente!)

E ben está saber de onde veñen,
 e que veñen a decir, as cousas que nos rodean, non?


luns, 21 de abril de 2014

Seguimos arquivando (xa andamos polos 57.600 expedientes),...e entre solicitudes de obras, atopamos este debuxo dunha tenda ubicada antigamente na Praza Figueroa, "A Patrona" seguro que moitos de vos, de golpe, acabades de viaxar no tempo..



 
Con este debuxo do 1969 queda constancia, ademais, da man artística dos antigos delineantes. 
Para que desfrutedes