Buscar neste blog

martes, 3 de febreiro de 2015

O Teatro de Marionetas de Herta Frankel

Din as teorías arquivísticas (non vos asustedes) que a documentación administrativa pasa por diferentes idades: a administrativa e a histórica. É decir, que os papeles municipais, cando nacen, nacen cheos de valor administrativo (deles se extraen obrigas, dereitos,...) e, co paso do tempo, ese valor administrativo vaise difuminando e vai nacendo o valor histórico: os dereitos poden caducar, os deberes prescribir,...pero o valor Histórico dos documentos nace e, co paso do tempo, crece e pode facer dun documento administrativamente nada interesante, unha xoia histórica.

Imaxe cedida polo Arquivo Audiovisual de Redondela
Fondo: Concello

Éste é o caso do documento que aqui temos. Foi recibido polo Concello no 1965 coma unha oferta de actuacións para a Festa da Coca. No 1965 o documento tiña un valor administrativo pleno (xa que é, en realidade, unha proposición de servizo que, no caso de que fora contratado, sería ata vinculante). Pasa o tempo, e o que era unha oferta, acabase convertindo (gracias ó Valor Histórico que adquire) nunha proba histórica que evidencia a existencia de Herta Frankel e a súa repercusión cultural na España dos '60.


Imaxe cedida polo Arquivo Audiovisual de Redondela
Fondo: Concello



Imaxe cedida polo Arquivo Audiovisual de Redondela
Fondo: Concello



Imaxe cedida polo Arquivo Audiovisual de Redondela
Fondo: Concello



Imaxe cedida polo Arquivo Audiovisual de Redondela
Fondo: Concello

Herta Frankel, segundo a wikipedia,  foi unha bailarina infantil do Ballet da Ópera de Viena. Chegou a España no 1942 e no 1948 debuta con marionetas con "Grandes Artistas en Pequeño Tamaño" no Teatro Español de Barcelona, cun éxito extraordinario, combinando baile e marionetas.
Fíxose moi popular con programas infantiles nos primeiros anos da TVE. Os seus bonecos mais famosos foron: A perrita Marilín, Pepito, a ratita Violeta e a tía Cristina.


 Imaxe obtida da rede
 


A "Compañía de Marionetas Herta Frakel" segue dando vida ás súas marionetas no Marionetarium, 
no Tibidabo, en Barcelona. 

E hoxe en día, en Redondela, somos punto de referencia no mundo titiriteiro, 
gracias á Compañía Tanxarina (http://www.tanxarina.es/), 
e gracias ó Festival Internacional de Títeres de Redondela.
Cousas da vida. 
Ou da Historia.
Documentos, nada mais.


Imaxe cedida polo Arquivo Audiovisual de Redondela
Fondo: Concello
Autor: O Pastor

martes, 27 de xaneiro de 2015

Arquivando memorias

Na páxina web do noso irmá, o Arquivo Audiovisual do Concello de Redondela, estanse subindo fotografías interesantes, coma ésta:



Trátase dunha fotografía cedida no 1985 por Rafael Montero, para participar no concurso fotográfico dos Maios. É unha foto do 1961, que representa ó Maio Rosalía de Castro.

Se queres saber mais desta fotografía, ou ver mais,...consulta de vez en cando esta páxina:

venres, 9 de xaneiro de 2015

Imaxinas imaxes?

Onte comezou a andar o Arquivo Audiovisual do Concello de Redondela. A idea, básicamente, é a seguinte:


mércores, 10 de decembro de 2014

A Historia non se escribe, se vive (e, polo que se ve, se paga)

Sempre estudiamos nos libros de Historia as sucesións de reis, de historias, de anécdotas,..pero non podemos evitar imaxinalos coma se dunha serie de televisión se tratara....lonxana e, en certo modo, irreal. Ata qué punto o estudiado tiña algunha repercusión no día a día da xente (os protagonistas reais pero silenciosos da Historia) é algo que ás veces se nos escapa, ou olvidamos.

Son cousas coma éstas as que nos redimensionan a Historia e nos acerca o estudiado á nosa Vila. Si, si, o que pasaba no Palacio Real de Madrid era Real, real, e ademais afectaba no día a día das xentes de aquí, de Redondela.

Coma sempre, de rebote, atopamos, no Libro de Actas de Pleno do Concello de Redondela do 1881, unha sesión cando menos, curiosa. Podedes ler
 


O 27 de febreiro do 1881, o Pleno da conta dos gastos ocasionados polos festexos levados a cabo por mor do nacemento da infanta heredeira. Transcrito, aproximadamente, o texto reza da seguinte forma:

"En la Sala del Ayuntamiento a veinte y siete de Febrero de mil ochocientos ochenta y uno, reunido el Ayuntamiento bajo del Sr. Alcalde se abrio la Sesión y dio cuenta de la anterior que fue aprobada. (...)
Se presenta la cuentade los gastos ocasionados en los festejos que han tenido lugar con motivo del festín natalicio de S.A.R. la Infanta heredera, acordados en Sesión de diecinueve de Diciembre del año último e importan ciento cincuenta pesetas y del Ayuntamiento acuerda se pague del capítulo 9º artículo 3º del presupuesto vigente"

Quén é a Infanta Heredera? 

Pola cronoloxía podemos deducir que se trata de (collan aire) Dona María de las Mercedes Isabel Teresa Cristina Alfonsa Jacinta Ana Josefa Francisca Carolina Fernanda Filomena María de Todos los Santos, é decir, María de las Mercedes de Borbón y Habsburgo-Lorena. 
A filla do monarca Alfonso XII (si, o que se esconde detrás do busto da escalinata do concello). María de las Mercedes de Borbón naceu no Palacio Real de Madrid o 11 de Setembro do 1880 e sempre foi "heredera", ata a morte do seu pai. Pero nunca heredou. Ó falecer Alfonso XII, a súa muller (e nai de María de las Mercedes) estaba embarazada dun varón, o seu terceiro fillo, que nacería de xeito póstumo: Alfonso XIII. El nunca sería o principe heredeiro. Xa que no momento de nacer xa foi proclamado Rey.

Unha infanta sempre heredeira que nunca foi monarca.
Un infante nunca heredeiro que sempre foi monarca.





xoves, 27 de novembro de 2014

Casa do Concello

Andamos nestas datas mergullados en investigacións históricas, das bonitas, das que fan que unha lle colla gusto ó seu traballo.
Intentando entender como se fixeron as cousas nun pasado, parece que o presente vai mudando a súa cara.
Bueno, filosofías a parte, ó que vamos:

Aqui vos deixamos, coma se dun pre-agasaio de Nadal se tratara, o Alzado da Fachada principal da casa do Concello, proxectada polo Arquitecto Emilio Bugallo o 1943.

Imaxe escaneada do Plano conservado na U/I 913/5


Imaxe actual (2014) sacada da wikipedia



xoves, 20 de novembro de 2014

¿Onde estamos?¿Que é iso?

 

Ou mellor preguntado: ¿Cando é iso?
Unhas pistas,....Trátase dunha fotografía aérea  correspondente ó Voo americano do 1968.

No 1956 e 1957, en Plena Guerra Fría, Estados Unidos entende crucial facer un estudio pormenorizado da topografía e xeografía da Península Ibérica, enclave estratéxico importante. 
Foi así coma nace o "Proxecto España", mediante o cal se realizan instantáneas dende avións militares  ó longo da Península e do Norte de Marrocos. Para isto contaron co personal técnico e medios aéreos estadounidenses (mais avanzados nas técnicas) e o apoio español centrouse na observación dos puntos de apoio do voo.

 

Avión Beechcraft RC-45F utilizado para la realización de los vuelos fotogramétricos

 
O que naceu cun fin claramente militar acaba sendo usado para outros medios (coma sempre pasa, senón que lle pregunten a internet) coma a realización do mapa parcelario do Catastro, coma a xustificación da ausencia ou presencia de construccións ó longo do tempo, coma,...coma unha mostra visual da Historia.
 
No Arquivo do Concello de Redondela consérvanse parte desas fotografías aéreas, pero do ano 1968 e posteriores. Coma ésta que aquí temos,...¿Saberías de qué zona de Redondela estamos a falar? 
Terás que ser capaz de mirala cos Ollos da Historia.

P.D.: O Voo americano do 1956 está accesible na páxina web:
 
 http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/mapa.html
 
Somentes tes que centrar a búsqueda na Provincia, Municipio, Parroquia que ti queiras,..e unha vez atopado, premer dúas veces sobre a zona. Abrirase unha fiestra de diálogo onde poderás escoller diferentes informacións,....entre elas, O voo do que estamos falando.

venres, 19 de setembro de 2014

Unha aproximación ós Alcaldes e Alcaldesas da túa vila


Estas semanas estiveron no Arquivo dous compañeiros de profesión, que viñeron da man da Deputación de Pontevedra, D. Antón Vázquez Escudera e D. Óscar Pena Espiño. O seu traballo consistiu, entre outras cousas, en facer unha relación das sesións de Pleno do Concello seguindo os libros que conservamos no Arquivo Municipal (dende o 1970 ata hoxe).


Paralelamente (e fora do seu traballo) realizaron unha lista aproximativa dos diferentes alcaldes que pasaron polo Concello (algúns accidentais, é decir, sustitutos temporais do alcalde titular). Aquí volo deixo, agradecendo de antemán a Antón e Óscar o seu traballo, e a súa xenerosidade de compartilo con nós.

(1870)-1872: Ulpiano Sestelo Veiga
1872-1873: Ramón Francisco Pardo Ferro
1873: José Benito Rodríguez Araújo
1873: José Otero Martínez
1873: Ramón Francisco Pardo Ferro
1873-1874: José Otero Martínez
1874: Genaro Borines
1874-1879: Pedro Fontenla
1879-1881: Ramón Francisco Pardo Ferro
1881-1883: Ulpiano Sestelo Veiga
1883-1884: José Otero Míguez
1884-1887: Juan Rodríguez Bouzón
1887-1888: José María Alfaya
1888-1890: Salustiano Méndez
1890-1893: Ramón Francisco Pardo Ferro
1893:  Cándido Otero García

Non se conservan os libros de actas de Pleno dende o ano 1893 ata o 1908
...(1908)-1910: Avelino Giráldez
1910-1912: Buenhijo Pérez Sobrino
1912: Antonio Perdís Malvar
1912-1916: Claudio Contreras Valiñas
1916-1918: Pedro Otero Milleiro
1918-1920: Antonio Perdís Malvar
1920-1922: Ricardo Contreras Valiñas
1922-1923: Buenhijo Pérez Sobrino
1923: Luís Telmo Bernárdez Santomé
1923: Casimiro Movilla Rodríguez
1923-1924: José Antonio Martínez Ricoy
1924-1930: Saturno Cal Muíños
1930: Manuel Pereira Míguez
1930-1931: Luís Pereira Míguez
1931-1932: Pedro Otero Sestelo
1932-1933: Florencio Castro López
1933: Serafín Alonso Veiga
1933: Joaquín Pais Lloréns
1933-1934: Serafín Dacosta Paz
1934-1936: Buenhijo Pérez Sobrino
1936: Florentino Pereira Míguez
1936: Serafín Dacosta Paz
(¿…?)
...1936: ¿? Cunqueiro
1936-1938: José Izarzugaza de Velasco
1938-1940: Cándido Martínez Esteiro
1940: Juan Cardama Castro
1941-1943: Juan Muíños Iglesias
1943-194?: Raúl Carlos Gunche López
1946 Serafín Gesteira Fernández
194?-1949: Ulpiano Rodríguez Vilariño
1949-1951: Francisco Cunqueiro Martínez
1951-1966: Juan Muíños Iglesias
1966-1977: Pedro Otero Rey
1977: Amado González Cardama
1977-1979: Edmundo Fernández Estévez
1979-1996: Jaime Máximo Óscar Rey Barreiro
1996-1999: Amado Ricón Virulegio
1999-2011: Jaime Máximo Óscar Rey Barreiro
2011-2019 Javier Bas Corugeira 
2019-... Digna Rivas Gómez