luns, 4 de maio de 2020

Historia doutros virus...

Querid@s lectores/as confinad@s do Blog do Arquivo municipal de Redondela.

Aquí estou, unha entrada máis, disposta a contarvos curiosidades arquiveiras.

Levamos dende o pasado 14 de Marzo seguindo as medidas preventivas declaradas no Real Decreto 463/2020 polo que se declarou o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Sei que non vos conto nada novo, porque de sobra sabedes, e sufrides, o que é o coronavirus, cómo a súa maneira de propagarse e os efectos nocivos que pode ter no noso corpo.

A enfermidade é moi contaxiosa e por iso temos que quedarno nas nosas casas, evitar o contacto directo con xente allea ó noso núcleo da nosa vivenda, lavar as mans, ter unha alta hixiene,...para evitar contaxios e paralizar (reducir) a expansión do virus.

Pero,... Sabías que isto non é a primeira vez que pasa en Redondela? Nin en Galicia, nin en España, nin en Europa nin en toda a Terra. No século XX houbo outras pandemias de gripe en 1957 e 1968 e a gripe aviaria. 

E hai ben pouco (históricamente falando), vivimos unha pandemia coma a de estes días: a (mal chamada) Gripe Española.

No 1918, rematando a primeira guerra mundial, comezou a expandirse unha gripe que se convertiu en pandemia ata o 1920, infectando a 500 millóns de persoas (1/4 da poboación) e matando a moitísimas persoas (entre 17 e 50 millóns, dependendo da fonte que se lea). Morreron pola Gripe Española un número tres veces maior que o de baixas na guerra.


O nome de Gripe española é un nome que da lugar a equívoco xa que a gripe nin se orixinou en España, nin foi España o lugar con mais mortes. Chamouse Gripe española, principalmente, porque España era un país neutral na Guerra Mundial, e os seus medios de comunicación ben podían centrarse en reflexar os pasos desta pandemia. 

Imaxe sacada de elminuto.cl

A wikipedia amplía esta idea deste xeito:  

"España tiña unha política de censura liberal, sen aplicar a censura previa na prensa. Xa que logo, as informacións sobre a propagación da epidemia nin se suprimían nin se adozaban, e cando o rei Afonso XIII colleu a enfermidade en maio de 1918 a axencia Reuters informou da aparición en Madrid dunha estraña enfermidade da que non había constancia de mortos. A partir de xuño incrementouse o uso do termo gripe española nas informacións da prensa internacional. A prensa española da época para se referir á epidemia empregaba formas como soldado de Nápoles, dama española ou enfermedad de moda e aparecían informacións levando a orixe da enfermidade a Francia, traída supostamente a España por inmigrantes retornados. Noutros países tamén recibiu nomes locais, así en Alemañía os soldados denominárona ao primeiro Blitzkatarrh (catarro lóstrego) e os militares británicos chamárona Flanders Flu"

E en Redondela?? 🙋 Imos alí, queridas arquiveiras!

Revisei as actas de Pleno do 1918 ó 1920 e atopei, na acta do 13 de Febreiro do 1919, este texto:


No apartado de Socorros a enfermos da gripe, transcrito:

"Se dió cuenta de la relación de socorros facilitados a pobres desde el principio de la epidemia grippal [gripal] hasta la fecha, en virtud de facultados que se le confirmó a la Alcaldía, como consecuencia de los donativos hechos por el Diputado a Cortes Sr. Riestra y por el Gobierno de la Nación, de la cual resulta que se han verificado socorros por valor de setecientos cincuenta pesetas y ascendiendo lo donado a quinientas cincuenta pesetas, resulta un déficit a favor del Depositario de docientas pesetas. El Ayuntamiento acuerda que la Comisión de Hacienda emita informe".

Aquí está. 
Proba documental de que pasou. 
Proba de que, coma sempre, Hoxe vivimos Historia.

1 comentario: