mércores, 11 de maio de 2016

De baleas varadas

O 5 de Maio do 2016, os periódicos recolleron unha noticia, cando menos, curiosa: unha cría de balea morta, de 6 metros de lonxitude, apareceu na costa da Portela (parroquia de Cedeira). 



En xullo do 2013, neste mismo blog, recolliamos a mesma noticia antes de que sucedera. Ou, mellor dito: despois de que sucedera e antes de que volvera suceder. 

Resulta pois que no ano 1882, na Acta de Pleno do mes de Xullo, recollíase a noticia de que unha cría de balea aparecera na praia do Pazo. O movemento do animal, así coma o tratamento do mesmo, ocasionara nas arcas do Concello (así o recollen) un gasto extra, "Imprevisto". A acta, transcrita, di o seguinte:


"Presentada una cuenta importante setenta y cuatro pesetas cincuenta céntimos referente a los gastos ocasionados con motivo del ballenato que apareció en la Playa del Pazo en el mes de Julio último, después de examinada la Corporación se aprobó y acordó su pago con cargo al capítulo de Imprevistos del corriente ejercicio"

Descoñezo cal era exactamente a denominada "Praia do Pazo". Pero as coincidencias son evidentes: un ballenato (que non unha balea adulta) aparece morto nas praias de Redondela. As causas, seguro que a ciencia pode sinalalas: as correntes do mar, a profundidade da ría, as costumes dos cetáceos...

Pero o que si está claro, é que a Historia, 134 anos despois, 
repítese. 

Quizais mais veces das aquí reflexadas: Alguén de vos pode axudarme a completar esta historia? Tedes memoria doutra vez que aparecera unha cría de balea nas costas da Vila de Redondela? se é así, escribíde un comentario nesta entrada para, entre todos, poder seguir esta noticia a través da nosa Historia.

Moitísimas Gracias!







mércores, 27 de abril de 2016

Ahi ven o Maio, de flores cuberto...

Poucos días quedan para a festa da Primaveira.

Os nenos e nenas da vila andan xa apañando fiuncho, pampullos e adornos varios para comezar a construir as figuras dos maios deste ano. Será un Maio tradicional (Cono, Cruceiro,..) ou será un Maio Artístico (aquel figurado que simula construccións, persoas, animais propios da vila)? 

Xa temos con nós o cartel da Festa deste ano, que recolle e tingue de verde recordos, imaxes dos Maios da Vila de Redondela noutros tempos.


Cartel dos Maios ano 2016

Fotografía do Arquivo Audiovisual do Concello de Redondela
Fondo propiedade de J.A. XESTEIRA


Casualidades da vida fixeron que, buscando información sobre outro tema na Hemeroteca da Biblioteca Xeral do CUVI, buceando nos Faros de Vigo do 1954, atopara esta publicación, do 1 de Maio do 1954, onde se recolle o momento en que a Festa dos Maios renace na nosa vila, e así reza o texto do cronista redondelán D. Alberto Becerra Bujones:

" REDONDELA. 
VUELVEN LOS MAYOS

REDONDELA, 30.- Un grupo de jóvenes está organizando para hoy la salida por nuestras calles del tradicional "mayo", con sus humorísticas coplas que en otro tiempo fueron nuestro regocijo. 
Con este motivo son infinidad los "copleros" que se aprestan a dar rienda suelta a su ingenio para crear las coplas alusivas al acontecimiento local. Esperamos que éste sea el primer paso para la reanudación de esta típica fiesta a la que hemos dedicado los desvelos de nuestra niñez.

De Sociedad.- Después de una ausencia de 22 años, ha llegado a esta villa, procedente de Buenos Aires, donde reside su hijo Antonio, doña Rosa Alfaya Docampo, viuda de don Antonio Fernández. Al darle la bienvenida le deseamos una grata estancia en esta su tierra natal. "


Os Maios volven, outro ano mais. A vila encherase de cheiro anisado a fiuncho, de cores vivas de primavera, e de cantares humorísticos, críticos, sobre as cousas que pasan aquí, que pasan alí e chegan acá, ou que nunca xamais pasaron, pero poderán pasar. Cousas das rimas, e dos cantos. Cousas boas, que voltan, ano tras ano (a lo menos dende 1954).