xoves, 15 de outubro de 2015

Queres facer un Puzzle, Arquiveira?

No Arquivo Audiovisual, irmá pequeno do Arquivo, estamos preparando unha chea de fotografías para poder subir á nova páxina web.

Namentres acabamos de construir a nova Páxina web, imos describirvos cóma é o traballo que facemos coas fotografías cando, os/as seus/súas propietarios/as nola deixan temporalmente.

1.- Firmamos un documento de Cesión Temporal das fotografías que, serán devoltas no mesmo estado en que foron recollidas, e acompañadas por un Cd ou Dvd coas copias dixitais en alta resolución das mesmas. O dono /a do Fondo comprométese a deixar que as fotografías dixitais estean despois ó alcance de todos/as: na páxina web, no Arquivo Audiovisual,...

2.- Facemos unha lista de cada unha das fotografías, e Arquivámola, apuntando datos de interese:

  • Nome da fotografía
  • Fondo propiedade de...
  • Ano
  • Lugar
  • Clasificación (Festas/Deportes/Cultura/Política,..)
  • Descripción da Fotografía: quen aparece nela, que é o que se está a facer..
  • ...


3.- Collemos as fotografías e escaneámolas. Coma resultado disto, temos a copia matriz, en alta resolución, sen modificar nada nela...

4.- Unha vez escaneada, comeza o traballo. Por un lado, incrustamos unha marca de auga co logotipo do Arquivo Audiovisual.

5.- Comezamos a Editar a fotografía nunha copia: recortando os bordes sobrantes, axustando os niveis de cores, de brilos, de contrastes,...En moitos casos, este traballo vai mais aló. Hai fotografías (coma a do exemplo) que se atopan en peor estado. O paso do tempo ás veces deixa súa pegada en forma de foxing, pliegues, roturas, etc...Gracias ós programas de edición de fotografías, pódense, en parte, recompoñer alguns dos avatares sufridos.

Poñemos aquí unha fotografía do fondo de D. Julio Alonso, ainda sen subir á web, na que podemos ver a posibilidade de recompoñer, ata certo punto, a fotografía


Imaxe coa marca de auga do Arquivo Audiovisual, sen Editar.


Imaxe xa traballada no Arquivo Audiovisual co Editor de Fotografías


Despois, baixamos a súa resolución, para poder subilas a web...

No Arquivo pensamos que isto é coma facer un Puzzle, con visión de formiga...pouco a pouco, e traballando as pezas unha a unha. É laborioso, pero pensamos que o resultado vaga a pena. Non si?