xoves, 27 de novembro de 2014

Casa do Concello

Andamos nestas datas mergullados en investigacións históricas, das bonitas, das que fan que unha lle colla gusto ó seu traballo.
Intentando entender como se fixeron as cousas nun pasado, parece que o presente vai mudando a súa cara.
Bueno, filosofías a parte, ó que vamos:

Aqui vos deixamos, coma se dun pre-agasaio de Nadal se tratara, o Alzado da Fachada principal da casa do Concello, proxectada polo Arquitecto Emilio Bugallo o 1943.

Imaxe escaneada do Plano conservado na U/I 913/5


Imaxe actual (2014) sacada da wikipedia



xoves, 20 de novembro de 2014

¿Onde estamos?¿Que é iso?

 

Ou mellor preguntado: ¿Cando é iso?
Unhas pistas,....Trátase dunha fotografía aérea  correspondente ó Voo americano do 1968.

No 1956 e 1957, en Plena Guerra Fría, Estados Unidos entende crucial facer un estudio pormenorizado da topografía e xeografía da Península Ibérica, enclave estratéxico importante. 
Foi así coma nace o "Proxecto España", mediante o cal se realizan instantáneas dende avións militares  ó longo da Península e do Norte de Marrocos. Para isto contaron co personal técnico e medios aéreos estadounidenses (mais avanzados nas técnicas) e o apoio español centrouse na observación dos puntos de apoio do voo.

 

Avión Beechcraft RC-45F utilizado para la realización de los vuelos fotogramétricos

 
O que naceu cun fin claramente militar acaba sendo usado para outros medios (coma sempre pasa, senón que lle pregunten a internet) coma a realización do mapa parcelario do Catastro, coma a xustificación da ausencia ou presencia de construccións ó longo do tempo, coma,...coma unha mostra visual da Historia.
 
No Arquivo do Concello de Redondela consérvanse parte desas fotografías aéreas, pero do ano 1968 e posteriores. Coma ésta que aquí temos,...¿Saberías de qué zona de Redondela estamos a falar? 
Terás que ser capaz de mirala cos Ollos da Historia.

P.D.: O Voo americano do 1956 está accesible na páxina web:
 
 http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/mapa.html
 
Somentes tes que centrar a búsqueda na Provincia, Municipio, Parroquia que ti queiras,..e unha vez atopado, premer dúas veces sobre a zona. Abrirase unha fiestra de diálogo onde poderás escoller diferentes informacións,....entre elas, O voo do que estamos falando.