Ou mellor preguntado: ¿Cando é iso?
Unhas pistas,....Trátase dunha fotografía aérea correspondente ó Voo americano do 1968.
No 1956 e 1957, en Plena Guerra Fría, Estados Unidos entende crucial facer un estudio pormenorizado da topografía e xeografía da Península Ibérica, enclave estratéxico importante.
Foi así coma nace o "Proxecto España", mediante o cal se realizan instantáneas dende avións militares ó longo da Península e do Norte de Marrocos. Para isto contaron co personal técnico e medios aéreos estadounidenses (mais avanzados nas técnicas) e o apoio español centrouse na observación dos puntos de apoio do voo.
Avión Beechcraft RC-45F utilizado para la realización de los vuelos fotogramétricos
O que naceu cun fin claramente militar acaba sendo usado para outros medios (coma sempre pasa, senón que lle pregunten a internet) coma a realización do mapa parcelario do Catastro, coma a xustificación da ausencia ou presencia de construccións ó longo do tempo, coma,...coma unha mostra visual da Historia.
No Arquivo do Concello de Redondela consérvanse parte desas fotografías aéreas, pero do ano 1968 e posteriores. Coma ésta que aquí temos,...¿Saberías de qué zona de Redondela estamos a falar?
Terás que ser capaz de mirala cos Ollos da Historia.
P.D.: O Voo americano do 1956 está accesible na páxina web:
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/mapa.html
Somentes tes que centrar a búsqueda na Provincia, Municipio, Parroquia que ti queiras,..e unha vez atopado, premer dúas veces sobre a zona. Abrirase unha fiestra de diálogo onde poderás escoller diferentes informacións,....entre elas, O voo do que estamos falando.
Moi interesante!!
ResponderEliminarQue pensarían das bateas? Serían consideradas flota armada?
ResponderEliminar