martes, 3 de febreiro de 2015

O Teatro de Marionetas de Herta Frankel

Din as teorías arquivísticas (non vos asustedes) que a documentación administrativa pasa por diferentes idades: a administrativa e a histórica. É decir, que os papeles municipais, cando nacen, nacen cheos de valor administrativo (deles se extraen obrigas, dereitos,...) e, co paso do tempo, ese valor administrativo vaise difuminando e vai nacendo o valor histórico: os dereitos poden caducar, os deberes prescribir,...pero o valor Histórico dos documentos nace e, co paso do tempo, crece e pode facer dun documento administrativamente nada interesante, unha xoia histórica.

Imaxe cedida polo Arquivo Audiovisual de Redondela
Fondo: Concello

Éste é o caso do documento que aqui temos. Foi recibido polo Concello no 1965 coma unha oferta de actuacións para a Festa da Coca. No 1965 o documento tiña un valor administrativo pleno (xa que é, en realidade, unha proposición de servizo que, no caso de que fora contratado, sería ata vinculante). Pasa o tempo, e o que era unha oferta, acabase convertindo (gracias ó Valor Histórico que adquire) nunha proba histórica que evidencia a existencia de Herta Frankel e a súa repercusión cultural na España dos '60.


Imaxe cedida polo Arquivo Audiovisual de Redondela
Fondo: Concello



Imaxe cedida polo Arquivo Audiovisual de Redondela
Fondo: Concello



Imaxe cedida polo Arquivo Audiovisual de Redondela
Fondo: Concello



Imaxe cedida polo Arquivo Audiovisual de Redondela
Fondo: Concello

Herta Frankel, segundo a wikipedia,  foi unha bailarina infantil do Ballet da Ópera de Viena. Chegou a España no 1942 e no 1948 debuta con marionetas con "Grandes Artistas en Pequeño Tamaño" no Teatro Español de Barcelona, cun éxito extraordinario, combinando baile e marionetas.
Fíxose moi popular con programas infantiles nos primeiros anos da TVE. Os seus bonecos mais famosos foron: A perrita Marilín, Pepito, a ratita Violeta e a tía Cristina.


 Imaxe obtida da rede
 


A "Compañía de Marionetas Herta Frakel" segue dando vida ás súas marionetas no Marionetarium, 
no Tibidabo, en Barcelona. 

E hoxe en día, en Redondela, somos punto de referencia no mundo titiriteiro, 
gracias á Compañía Tanxarina (http://www.tanxarina.es/), 
e gracias ó Festival Internacional de Títeres de Redondela.
Cousas da vida. 
Ou da Historia.
Documentos, nada mais.


Imaxe cedida polo Arquivo Audiovisual de Redondela
Fondo: Concello
Autor: O Pastor

2 comentarios:

  1. Certo, estes documentos teñen xa un gran valor histórico, eu crecín coa "Perrita Marilín" e con Pepito (o de ¡Tengo miedoooo!) e teño moitos anos. Por todo isto moitas grazas ao Arquivo Municipal e aos seus responsables.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que ben que che gustara a entrada! Gracias a ti polo teu comentario!

      Eliminar