xoves, 16 de abril de 2015

Un Pastor nos Maios

Xa chega o Maio, de frores cuberto...

No Arquivo do Concello de Redondela, gardamos tamén os Carteis dos Actos  culturais que acontecen na nosa vila. Entendemos que son, en moitos casos, un dos poucos momentos nos que a Administración poda estar tan cerca dunha manifestación artística.

A maioría deles están en formato papel e cun tamaño que excede o A3 que poderíamos escanear,...Pero os mais novos, coma éstes, van chegando a nós dixitalmente, e por iso poden ir chegando a vos rápidamente (é o que teñen as novas tecnoloxías).


Arquivando Carteis, desfrutando de facelo, atopámonos cun autor, D. Pablo Giráldez Río, "O Pastor", e queríamos pararnos un pouquiño (pouco, os papeles esperan) para desfrutar as súas creacións.

O Pastor é un artista redondelán, pintor, deseñador, e escenógrafo. E, ademais, xenial.

Traballando nun arquivo vas pouco a pouco, trocando a maneira de valorar as cousas, imaxinándote ás veces coma un Howard Carter frente a un selo do 1920 (coma se da tumba de Tutankamón se tratara) e ás veces coma unha Gertrude Stein descubrindo nos papeis valores que aparecerán só co paso do tempo, adiviñando xenialidades artísticas en cousas aparentemente irrelevantes.

Exageracións e imaxinacións a parte, este podería ser, para min, o caso dos traballos do Pastor que, en colaboración co Concello, gardamos no Arquivo:

O deseño da imaxe corporativa e dos Carteis dos Festivais de Títeres de Redondela:


O deseño da imaxe corporativa e dos Carteis dos Festivais "Redondela en Curto":




Pero O Pastor, ademais, deixa as súas pegadas polo mundo adiante, coma no caso de María Fumaça, onde deseñou as ilustracións dos dous libros, así coma a escenografía que os acompaña nos concertos que levan mais alá da vía férrea musical:


  

Ou o deseño e ilustracións do libro "Titiricircus" que narra as peripecias do espectáculo Tanxarino:


E agora tócalle o turno ós Maios: para que se poñan de pé, para que aparezan brotando de frores cubertos.

O Pastor deseñou este cartel, anunciando unha exposición de Fotografías antigas organizada polo Arquivo Audiovisual do Concello de Redondela, e anunciando a presentación dun libro, escrito por D. Olimpio Giráldez Lera, sobre a Historia dos Maios en Redondela, sobre a Historia de Redondela:

 "60 anos de crónicas redondelás (unha ollada dende as coplas dos maios)"
 
 


3 comentarios:

  1. O baúl do Arquivo de Redondela, paseniño e con tesón, vaise enchendo do que, de aquí a nada, será a nosa historia... Grazas aos que estades traballando...

    ResponderEliminar