venres, 3 de agosto de 2018

Hay que ver, hay que ver, Redondela como ha prosperado.

Existe na nosa vila un antigo himno non oficial que di:

Hay que ver, 
hay que ver, 
Redondela cómo ha prosperado
Que quieren hacer
a la Portela una carretera.

Y si eso va bien
ya Faustino pondrá un Merendero

¿Con qué?

Con vino de lo mejor
Ribeiro, Soutomaior
de merluzas hará un vivero.


Hai que ver
Hay que ver
Redondela coma prosperou
Que queren facer 
á Portela unha estrada.


E se iso vai ben

xa Faustino porá un merendero
Con qué?

Con viño do mellor
Ribeiro, Soutomaior
de merluzas fará un vivero.



Trátase dunha canción dunha murga, creada por veciños e cantada por todas as persoas da vila transmitíndose de xeración en xeración. Aínda que sempre acompañada dun momento de alegría, sentimentalidade morriñosa ou enchentas gastronómicas, está a reflexar un momento Histórico da nosa vila.

Tan importante coma un documento administrativo, pero con dúas caras valiosísimas dunha mesma moeda.


1.- Por un lado trátase dunha testemuña histórica que se difunde cunha facilidade tal, que se convirte nun filón á hora de reflexar, perpetuar e expandir o noso Pasado.

2.- Pero por outro lado, coma toda a tradición oral, é altamente mudable ó pasar dunha boca a outra. Todas as persoas sabemos o fácil que é mudar unha palabra, engadir un termo e, quizais, acabar cambiando o sentido da letra dunha canción. De feito, ó intentar reflexar a letra da canción antes mencionada, tirei da miña propia memoria,...dubidando en certas palabras (puxen de primeiras "de almejas tendrá un vivero? e José Bernardo Kampanero comentoume que non, que eran merluzas e non ameixas. Gracias, Kampa!).

Pero para iso está tamén a memoria documental. Non tan fácilmente difundible coma unha canción, pero moi pouco manipulable ou mudable.


Quixo a fortuna que esta mesma mañá atopara, de rebote, como case sempre soe pasar nos Arquivos, un Acordo plenario do ano 11 de outubro do 1954 no que se di: 



1/    "Enlace del camino a La Portela 2.- Después de un breve informe //
2/    de la Presidencia respecto de la necesidad y utilidad 
3/    que reportaría, en general, el enlace del camino pro-
4/    vincial a La Portela con la carretera general de La Co-
5/    ruña a Vigo a través del puente que se construye so-
6/    bre el río Alvedosa en el frente del nuevo Mercado de 
7/    Abastos; el Pleno del Ilustrísimo Ayuntamiento acordó por
8/    unanimidad, solicitar de la Excelentísima Diputación el en-
9/    lace del camino provincial a La Potela con la carretera
10/  general de La Coruña a Vigo, a través del Punte ac-
11/  tualmente en construcción sobre el río Alvedosa, 
12/  mediante una derivación de dicho camino en una
13/  longitud de ochenta metros, y que teniendo en cuen-
14/  ta su proximidad al casco urbano y el intenso trá-
15/  fico rodado y de personas que se producirá, tanto en 
16/  esa porción que se construya como en la parte del
17/  camino provincial que para frente al Mercado, que
18/   la pavimentación se ejecute con firme de grava y
19/   riego de betún asfáltico dotando, además, al nue-
20/   vo trazado de cunetas cubiertas que sirvan de aceras a
21/   fin de permitir el paso a los peatones sin los temo-
22/   res del tráfico rodado. Y que para la realización de 
23/   las obras aludidas el Ayuntamiento ofrece pagar a
24/   un coste el 50 por 100 del total del importe a que asciendan" 

Será ésta a estrada a La Portela que canta a canción? Qué pensades? Seguiremos dende o Arquivo investigando,...pero se por un casual tedes mais datos, contactade con nós! arquivo@redondela.gal

Ningún comentario:

Publicar un comentario