xoves, 3 de xullo de 2014

E mira que pasamos veces por diante...

¿Lembrades unha entrada antiga, do 10 de Xullo do 2013 onde falabamos da identidade do busto que preside a escalinata do Concello de Redondela, un busto do monarca Alfonso XII?

Daquela buscaramos nos fondos documentais do Arquivo Municipal e atoparamos, na Unidade de Instalación 1936/32, a Solicitude que no 1966 fai o Concello á Diputación Provincial pedindo que se ceda en depósito unha serie de obxectos que se gardaban en desuso no Palacio Provincial, para proceder ó Ornato da Casa do Concello: o Busto de Alfonso XII, un grupo escultórico de "Los Niños", unha cabeza tallada, a talla da cabeza da esposa do Sr. Solís e uha cabeza de romano.
Daquel xeito, e contrastando a obra cos fondo escultóricos do Museo de Bellas Artes de Oviedo, afianzamos a identidade do busto da escalera interior.

Sen embargo, abrimos unha nova dúbida...¿Onde estarían as outras esculturas que no expediente se relacionan?

Quedamos tempo pensando,...ata que un día deses nos que as bombillas da cachola acenden por casualidade, atopamos a solución ó enigma:

Un grupo escultórico de "Los Niños"


"Unha cabeza tallada "


  "A talla da cabeza da esposa do Sr. Solís "


"Unha cabeza de romano"


E todo isto, ¿ONDE?

 ¡Ups! si...ó noso lado: cando eramos pequenos e xogabamos ás canicas, ás bicicletas, globos de auga (xa mais maiores), tardes enteiras no Caracol, comendo xelados, pipas,..Entre as feiras de Artesanía, entre os Artistas na Rúa, entre Nós...

Na Nosa Alameda. Si, diante das nosas narices. 


 Non se trata de esculturas dun alto nivel artístico nin conceptual. 
Pero ahí están, formando parte da nosa memoria 
(ainda que sexa do inconsciente!)

E ben está saber de onde veñen,
 e que veñen a decir, as cousas que nos rodean, non?


Ningún comentario:

Publicar un comentario