Moitas veces escoitei a xente no Concello que se preguntaba a quen representaba un busto que preside a entrada da Casa Consistorial.
Fotografía actual da entrada da Casa do Concello (10/07/2013)
Unha visita ó Museo de Bellas Artes de Oviedo confirmou a miña sospeita, xa que nél descubrín o orixinal referencia desta obra:
Feita polo escultor José Gragera y Herboso (Laredo, Cantabria, 1818-Oviedo, 1898) no ano 1878, é propiedade do Museo do Prado, pero se atopa hoxe en día en depósito no museo asturiano.
Este escultor foi restaurador de escultura no Museo do Prado, e fixo unha serie de retratos en xeso. Coma éste, no que presta unha especial atención ós pliegues da ropaxe, algo acartonados e volumétricos por un lado, e minuciosos e detallistas por outro. O seu estilo é sobrio e maxestuoso, lonxano da solemnidade ou distancia do retratado, reflexándoo sereno e cercano
Busto de Alfonso XII, Museo de Bellas Artes de Oviedo
O retratado en cuestión é Alfonso XII de Borbón, fillo de Isabel II e bisabó do actual Monarca. Tralo fin da Primeira República (1873-1874), foi proclamado monarca español no 1875 e exerceu coma tal ata a súa morte no 1885, cando contaba con 32 anos.
Foi un monarca xove, de ahí que a representación do busto, tamén, corresponda a unha idade algo temprana e represente a un xove imberbe.
Agora a dúbida que cabía facerse era...¿Cómo chegou ó Concello de Redondela unha copia do busto en xeso de Alfonso XII? ¿E por qué?
A resposta atopámola no Arquivo Municipal, na Unidade de Instalación 1936/32, onde se custodia a documentación referente á solicitude que no 1966 fai o Concello á Diputación Provincial pedindo que se ceda en depósito unha serie de obxectos que se gardaban en desuso no Palacio Provincial, para proceder ó Ornato da Casa do Concello: o Busto de Alfonso XII, un grupo escultórico de "Los Niños", unha cabeza tallada, a talla da cabeza da esposa do Sr. Solís e uha cabeza de romano.
Alfonso XII e María de las Mercedes
De todo o que aquí se describe, a data de hoxe, somentes se conserva (que nós sepamos) o busto do monarca.
Busto de Alfonso XII, Casa do Concello de Redondela (10/07/2013)
¿A razón de que un busto dun monarca lonxano no tempo sega decorando a
Casa Consistorial? non sei,...ocórreseme que quizais teña relación coa
ubicación da Casa Consistorial na rúa Alfonso XII de Redondela,..pero
quizais é unha relación algo forzada, xa que a maioría da xente
descoñece quen é o retratado!!
Nos, a partir de hoxe, non.
Sería recomendable incluir unha anotación baixo do busto indicando os datos da obra, ¿non?
ResponderEliminarSempre me preguntei quen era, quen o fixera e que facía no noso Concello. Misterio resolto. Arancha
ResponderEliminar