venres, 28 de outubro de 2011

ANTONIO PALACIOS, tamén en Redondela

Antonio Palacios, arquitecto nacido en Porriño, é un dos mellores representantes da Arquitectura rexionalista en Galicia. O seu maior número de traballos sitúanse en Madrid (Palacio de Comunicaciones, na Praza Cibeles; Círculo de Bellas Artes; Banco Español del Río de la Plata (Funación Cervantes) ; Casa Palazuelo, na Calle Mayor).
Persoalmente destacaría o seu traballo durante os 25 anos que formou parte coma arquitecto, da Compañía Metropolitana de Madrid, sembrando a cidade de obras de acceso tan inxeniosas-enxeñeiras coma artísticas: entradas de metro, logotipo da Compañía, e templetes fabulosos de acceso ós ascensores da Porta del Sol e da parada de Gran Vía.

Pero tamén deixou as súas pegadas arquitectónicas en Galicia, concretamente no Templo Votivo do Mar en Panxón, ou no edificio da Casa do Concello de Porriño. Ou na igrexa de Carballiño.

Un dos traballos de Antonio Palacios por estas terras foi un proxecto que fixo para a construcción dun novo templo de San Fausto en Chapela.

Segundo os datos obrantes no Arquivo Municipal do Concello de Redondela, no ano 1.944, Arturo Conde Lamela, párroco de San Fausto de Chapela e presidente da "Comisión Pro-Nuevo Templo" de dita parroquia, solcita unha subvención para a construcción do novo templo ó Concello de Redondela.
Entre a documentación entregada, conservamos esta fotografía dun plano do Alzado da fachada de dita construcción, do 1.944, firmado por Palacios.

4 comentarios:

  1. Fermoso achádego, Ana.
    Que xenial é a obra de Palacios, e que pouco partido lle soubemos sacar daquela (e aínda hoxe) por estas latitudes...

    ResponderEliminar
  2. O achádego do proxecto de Palacios non é novo. foi publicado fai tres anos na revista do SEREN de Redondela por José Martínez Crespo, que traballou fai 25 anos no arquivo do concello, onde atopou parte da documentación e as imaxes.

    ResponderEliminar
  3. O achádego do proxecto de Palacios non é novo. foi publicado fai tres anos na revista do SEREN de Redondela por José Martínez Crespo, que traballou fai 25 anos no arquivo do concello, onde atopou parte da documentación e as imaxes.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. En ningún momento quixen dicir que o achádego do Proxecto de Palacios fora novo, sinto se así me entendiches... (ainda que non sei onde puideches interpretar que esa fora a miña idea...) A documentación non é nova (evidentemente), está, coma ben dis, no Fondo documental do Arquivo do Concello de Redondela. Simplemente pensei que era unha boa idea difundir doutro xeito o partimonio documental dos Redondeláns. Non creo que sexa exclusivo do SEREN, nin meu, nin de José Martínez Crespo. É patrimonio de todos os Redondeláns. Eu penso que todos temos dereitro a difundilo e disfrutalo,...sen exclusividade nengunha...non?

      Eliminar